Turismo Miño
Divírteche en Miño
Miño conta cunha riquísima variedade de celebracións, xa sexan gastronómicas como a Feira da cebola chata, relixiosas ou outras celebracións máis recentes como o festival de música Frío no rostro ou Loro Facu. Todas elas representan os acenos de identidade e personalidade desta terra, congregando a multitude de visitantes ano tras ano. Non chas perdas!
Festival Loro Facu
Déixache seducir pola natureza máis salvaxe do Loro Facu!. Un festival que conxuga arte e música independente durante tres días, na última semana do mes de xullo. Conta con actividades para toda a familia, desde talleres e xogos infantís a postos de artesanía e zona gastronómica con food trucks.
Colorea, Festival das Cores
Un dos festivais máis coloridos de Miño sen lugar a dúbida!. E consiste en lanzarse pos de cores, que é unha maneira de conmemorar os moitos matices da primavera. Adoita durar todo o día e é unha celebración animada e colorida do final do inverno e a chegada da primavera.
Frionorrostro Festival
Este festival enche de música e artesanía as rúas de Miño durante a segunda fin de semana de agosto. Conta con diversas actividades entre as que ademais dos concertos musicais de grupos de ámbito local, tamén teñen cabida os postos de artesanía e gastronomía así como xogos tradicionais para o goce dos máis pequenos.
Feira da Cebola Chata
É a festa gastronómica por excelencia, congregando cada ano a multitude de veciños e visitantes. Ten como obxectivo a posta en valor dun produto local moi valorado, a cebola. Ademais do produto protagonista, tamén se enxalzan a gran variedade de produtos da horta galega.
Ao longo da xornada leva a cabo un variado abanico de actividades dirixidas a todos os públicos, entre as que destacan a demostración de oficios tradicionais, a música e a animación, así como os postos de comida variada.
Máis información
+
Ao longo da xornada leva a cabo un variado abanico de actividades dirixidas a todos os públicos, entre as que destacan a demostración de oficios tradicionais, a música e a animación, así como os postos de comida variada.
Máis información
Romaría de San Ramón
É a festa campestre máis importante do municipio, á que se lle atribúen máis de 150 anos de historia. Celébrase cada 31 de agosto en Bra, na parroquia de Sombreu. O momento máis esperado é o coñecido como a posta do santo, da que cada ano encárgase un veciño que debe recitar unha oración tradicional, transmitida de pais a fillos.
Unha vez finalizados os actos relixiosos, dá comezo a sesión vermú amenizada con música e a tradicional comida campestre.
Unha vez finalizados os actos relixiosos, dá comezo a sesión vermú amenizada con música e a tradicional comida campestre.
Festas do Carmen
As festas do Carmen comezan cunha procesión da imaxe da virxe, que parte desde a igrexa de Santa María ata o porto, onde se oficia unha misa cantada. A continuación unha coroa de loureiro é lanzada á auga en memoria dos mariñeiros falecidos no mar. E unha vez finalizada a cerimonia, dá comezo a sesión vermú amenizada con música.
+
Festas de San Pedro
As celebracións dedicadas a San Pedro teñen unha duración aproximada de 4 días, sendo o 28 e 29 de xuño os días máis grandes.
Nestas festas conviven os actos litúrxicos coa animación, nas que a música, as batucadas, os pasarrúas e as verbenas, son algunhas das propostas que congregan a multitude de veciños cada ano. Pechando o último día cun espectáculo de fogos artificiais.
Nestas festas conviven os actos litúrxicos coa animación, nas que a música, as batucadas, os pasarrúas e as verbenas, son algunhas das propostas que congregan a multitude de veciños cada ano. Pechando o último día cun espectáculo de fogos artificiais.
Entroido Miño
Miño celebra a tradicional e popular festividade do entroido. Durante eses días leva a cabo unha verbena amenizada por unha orquestra e un divertido concurso de disfraces con premios, ademais dunha festa infantil. Unha celebración na que non falta nin a música nin o bo humor.
Festival de Danza e Música Tradicional
Este é un festival no que danza e música danse a man para expresar a identidade dun pobo. Un legado cultural que se transmite ao longo dos anos a través dos bailes populares e as melodías que os acompañan. E cada ano ten un punto de encontro en Miño.
O concurso da cucaña
Nas festas de San Pedro, no mes de xuño ten lugar o concurso da cucaña, moi popular entre os miñenses e achegados. Unha participación divertida para todos.