Turismo Miño
Ininterrompidamente desde 1999
A feira da Cebola Chata de Miño é unha festa de exaltación deste produto que se celebra a primeira fin de semana de Agosto. É de carácter anual e vén festexando ininterrompidamente desde 1999.
Cebola Chata: propiedades extraordinarias
A planta da cebola Allium cepa é unha hortaliza (plantas comestibles entre as que se atopan as verduras e os legumes). Na comarca de Miño adaptouse dunha forma singular debido ás súas condicións especiais, tanto do clima como do chan, facendo que o seu bulbo teña unhas características únicas.
A Cebola Chata de Miño ou de Prato é unha variedade local de cebola “palla virtudes”, que polo ciclo de formación do seu bulbo pertence ao grupo das medias temperás, non é nin das temperás nin das tardías, é moi galega. O seu bulbo crece máis ao ancho que ao alto, o que dá orixe ao seu nome. Esta hortaliza resulta tenra, cun sabor suave que gusta a todo aquel que a proba.
A chata de Miño é un cebola inmellorable tanto para uso gastronómico como preventivos, sendo unha gran aliada para a nosa saúde.
A cebola é unha gran protagonista en moitos pratos como empanadas, ameixas, atún encebolado...
Esta feira é moi popular na comarca, achegándose xente de toda a rexión. Celébrase desde primeira hora da mañá co mercado tradicional de froitas, verduras, produtos locais e artesanais. Adórnanse os postos para a ocasión, con especial protagonismo das ristras de cebola e outros adornos con este produto que cada ano vanse mellorando e diversificando máis.
A chata é o produto estrela da xornada, podéndose degustar gran variedade de empanadas artesás, e gozando cada ano de múltiples actividades gastronómicas en relación con este produto: talleres de cociña, degustación e maridaxes, concursos de receitas...
Feira popular de gran participación
Todos os postos engalánanse para a ocasión, creando un ambiente especial ao redor desta hortaliza tan singular.
Ao longo da xornada hai pasarrúas, música, actividades para nenos e adultos, demostración de oficios tradicionais e saborosos postos de comida en torno ao mercado de Rabazal.
Unha xornada única e divertida de exaltación da cebola chata de Miño, produto que cada ano demostra as súas espléndidas características dándonos un sen fin de posibilidades gastronómicas.