Turismo Miño
A incorporación da Senda dos Sentidos á infraestructura verde do concello de Miño, permítenos transitar costeando os preto de 3 km. que separan o Porto de Miño da Ponte do Porco.
Saímos do Parque da Rúa (km 0) ao carón da oficina de Turismo e baixamos pola Estrada da Praia cara o Porto ata ver á esquerda as grandes letras brancas de Miño tan fotografiadas por todos. Dende aquí descendemos pola esquerda hacia o peirao.
A nosa ruta comeza ao carón do Parque Infantil (780 m.). O porto está conectado coa praia da Ribeira a través dun pequeno paseo marítimo, no que achamos as instalacións do Clube Deportivo Naútico de Miño (900 m.) adicado a promoción do piragüismo, vela e windsurf. Ao pasaren polo Parque Biosaudable (1,050 km.) podemos practicar exercizos de flexibilidade e de tonificación muscular. Nas súas inmediacións observamos un panel explicativo que nos describe as criaturas que habitan a ría e cómo gozar delas coidando o ecosistema.
Baixo a alameda pasamos pola caseta do servizo de socorrismo e os servizos públicos, ambos de funcionamiento estacional. A praia da Ribeira é unha das praias de Miño sen fumes. Sabíadelo?

Ao final do paseo viramos á esquerda (1.400 m.) ata o sinal da Senda dos Sentidos (1.500 m.), Zona de Especial Conservación Zec Betanzos – Mandeo, dentro da Rede Natura 2000. Na entrada da senda, un panel informativo descríbenos o seu percorrido cos puntos de interese.
O seu trazado serpentea pola orografía do litoral entre túneis de loureiro, castiñeiros e carballos. Percibimos o recendo dos loureiros mesturado co do mar. As matogueiras propocionan alimento e aveiro a multitude de paxaros. Se ficamos silandeiros, escoitaremos os seus trilos: o picafollas musical, os chascos, os carrizos... Un agasallo para os nosos sentidos. Sentamos nos seus bancos sentindo o feitizo da fermosura da contorna.
Dispón de cinco miradoiros naturais, recantos quedos para observar o solpor sobre o golfo Ártabro e que chaman a gozar das panorámicas sobre a ría de Betanzos, con Gandarío e Sada da outra banda. Os seus nomes inspíranse na vexetación e orografía do lugar: Miradoiro da Ondalonga, do Salgueiro (2.150 m.), dos Loureiros, do Carballo, da Punta do Gafo (2.600 m.).
Na primavera podemos atopar zarzamoras, landras, vaias do espiño branco e do negro, de sabugueiro... ou fentos e cogumelos en outono. A presenza de árbores froiteiras como nogueiras, pereiras ou maceiras son as testemuñas de vellas hortas esquecidas dende hai máis de medio século.

Despois da Punta do Gafo a senda descende á praia por uns chanzos, baixo a sombra da vexetación (2.600 m.). Recorremos a praia pola area gozando da fermosa contorna.
O sistema dunar da praia da Alameda é o hábitat máis salientable, co característico barrón, gramínea adaptada á area que soporta altos niveis de sal e fortes ventos, A zona de vexetación de ribeira está poblada por abeleiras, amieiros ou salgueiros. Mentres que xuncos e espadanas medran nunha zona húmida cercana. Unha riqueza inigualable.
A praia condúcenos ata as pasarelas de madeira (2.900 m.) onde vemos á esquerda un eucalipto xigante que está datado a mediados do século XIX e se atopa entre os primeiros de Galicia. Un exemplar perfecto para abrazar á natureza. Achamos varios paneisque nos mostran á vida silvestre, as modalidades de protección destes espazos e como coidalos.
Prégase silenzo para non importunar ás aves, así como levar atadas ás mascotas en todo momento, xa que supoñen unha ameaza para a conservación da fauna. A ausencia de papeleiras non é casual, xa que calquera depósito de lixo atrae animais salvaxes que poden esparexelo. É responsabilidade de todos colaborar no mantemento dunha contorna con valores tan especiais como esta.