Turismo Miño
Qué é o Bolo Mariñeiro de Miño?
O Bolo Mariñeiro de Miño é un prato creado de xeito colectivo polos hostaleiros de Miño no programa "Cociña Mariñeira"
Trátase dun bolo de pan artesá, que unha vez baleirado da súa miga, rechéase cunha bechamel especial con cebola chatta, porro e bivalvos da nosa ría.
Os diferentes establecementos varían o seu ingrediente principal, o bivalvo, dependendo da tempada e do mercado.
Poderás degustalo de ameixas, berberechos, mexillóns ou nalgúns casos, de vieiras.
A hostalería de Miño, tanto bares coma restaurantes, adaptan o Bolo Mariñeiro a diferentes formatos, ofrecendo a súa versión en pincho, tapa ou ración en carta ou menú do día.
Un proxecto impulsado polo Concello de Miño e cofinanciado polos fondos FEMP do GALP Golfo Ártabro Norte.