Turismo Miño
Galicia, terra de excelente gastronomía
Galicia sempre amosou unha particular devoción pola gastronomía. A área de As Mariñas, e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, son un claro exemplo delo, coa excelencia da súa horta e a cebola chata e o repolo como produtos estrela da comarca.
2022, o ano da XXI edición
Miño leva festexando ininterrumpidamente a súa Feira da Cebola Chata dende 2002, ano no que se celebrou a súa primeira edición. Nela presentouse o libro A Cebola Chata de Miño, unha obra que recolle as propiedades e singularidades desta hortaliza. Un produto local ao que, pola súa calidade, saliéntase a cotío.
Conta coa denominación por parte da Xunta de Galicia dunha variedade autóctona que se recoñece como A Chata ou a Cebola de prato. É considerada como insustituible polos especialistas gastronómicos, quenes alaban as súas cualidades, entre as que salientan o seu tenro sabor, a súa equilibrada acedume, e o remate cun leve toque picante. Resulta ideal para a elaboración do Bolo Mariñeiro de Miño (link) ou guisos variados. Os panadeiros a catalogan de inestimable nas empanadas, agradecendo que non humedeza a masa.
Esta variedade autóctona despunta pola súa precocidade e a súa boa conservación. Chega ao mercado cando noutras zonas ainda non teñen produto. Permite, cun almacenado tradicional, un consumo nun periodo máis longo. Resulta doado de recoñecer pola forma do seu bulbo, máis ancho que alto, que a caracteriza e lle da nome.
Un cartel cunha fermosa historia
O cartel deste ano da XXI Feira da Cebola Chata de Miño foi elaborado con moito agarimo. Unha das súas autoras ven de familia de tradición ceboleira. Inspiráronse nas distintas fases do proceso do cultivo da Cebola Chata de Miño a través de formas xeométricas e orgánicas. A súa lectura comenza cunha rapaza prantando o ceboliño na parte inferior esquerda, continúa coas fermosas esferas da flor da cebola. Na parte superior vemos a paneira para separar a semente, finalizando coas mans artesáns coa arte do enristrado das cebolas.
Todo baixo a calor do sol de verán, o azul do mare e o ceo ao fondo.
Un pequeño conto que nos amosa de forma plástica o ciclo completo. Dan ganas de enmarcalo!.
O enristrado de cebolas
A feira anual ten lugar o primeito fin de semana de agosto, maioritariamente o domingo, ainda que houbo edicións de fin de semana completo. Festéxase no centro de Miño, ao longo da rúa mercado, peatonalizada durante o evento, ata ao final, xa nas pistas de Rabazal, onde instálase unha gran carpa de eventos.
O evento reúne arredor dunha veintena de produtores, a maioría de cebola chata, ainda que tamén se ofrecen outros produtos de tempada da horta local como os tomates, repolos, patacas, mel ou queixo.
Dende as dez da mañá, os postos de produtores locais locen orgullosos os tradicionais enristrados de cebola chata de Miño. O enristrado é unha arte tradicionel que trenza as cebolas para unha mellor ventilación e conservación. Pódese facer en trenzas ou en moñicos, que con maior número de cebolas e máis compactas, apenas deixan visible o trenzado.
Artesanía ceboleira
Ao final da rúa, chegando xa ás pistas de Rabazal, sitúanse os postos artesáns: velas, cerámica, cestos de distintas fibras naturais, bisutería… Moitos dos artesáns utilizan a cebola chata de Miño como inspiración, facendo un guiño coa súa arte, conseguindo uns resultados excepcionais: abanicos, mandís, bolsas, libretas...A nosa cebola chata luce espléndida!.
A Discocleta
Este ano, na XXI edición da Feira da Cebola Chata de Miño 2022, o programa estivo repleto de actividades.
O pasarrúas da Discocleta del Señor Lili, amenizou con moita música, bromas e divertidas pompas que o inundaban todo. Un espectáculo que a todos nos sorprendeu e fíxonos rir.
Debuxando en tempo real
Na carpa das pistas de Rabazal, un ano máis, gozamos da pintura en directo dun cadro de inspiración cebolelira. Jose Luis Porta Ramos foi o encargado de realizar unha obra en tempo real para a ocasión, rodeado da exposición montada coas obras de todos os anos anteriores. Todo un luxo.
Miño e Pobla de Valbona, irmandade ceboleira
Ásdoce e medioo alcalde dirixiu unhas fermosas verbas de agradecemento a todos os participantes e procedeu ao comenzo da irmandade cos representantes do concello de La Pobla de Valbona (Comunidade Valenciana), cun intercambio de regalos, e unha exaltación das dúas feiras desta gran hortaliza que se celebra en ambos os dous concellos.
O Bolo Mariñeiro co produto local
Continuamos cunha demostración de cociña da mán de Antonio Amenedo, quen salientou as numerosas virtudes deste alimento e as súas increibles porpiedades, mentres detallaba a elaboración do exitoso Bolo Mariñeiro de Miño. A súa degustación causou sensación.
A uva branca lexítima
Entrou en escena entón Alejandro Paadín para salientar a perfecta maridaxe cun viño de IXP (Indicación Xeográfica Protexida) “Viño da Terra de Betanzos”, feito con uva Branca Lexítima, Godelo e Agudelo. Unha combinación perfecta!.
Sesión vermú
A sesión vermú foi protagonizada pola banda SonBoleros, unha música que nos fixo bailar e gozar durante o mediodía.
Xantar popular
O Clube Náutico de Miño encargouse da parrilla de churrasco e os mexillons, a prezos populares. Numerosos miñenses optaron por esta cómoda opción ao aire libre.
Obradoiro de enristrado de cebolas e cestería
Os obradoiros estiveron moi concurridos. As mestras ceboleiras aprendéronnos a súa destreza co enristrado, imitado por avantaxados pupilos. Qué fermosa escena de herdanza tradicional entre xeracións!. A cestería con xunco gozou tamén de gran admiración de aprendices e público en xeral.
Degustación de empanada
A degustación de empanada con base de cebola chata de Miño, comenzou ao redor das sete, cánta variedade!: roxóns con queixo, mexillóns, bacalau con pasas, polo con champiñóns, zorza, polbo, xoubas, carne ou atún.
Movendo as cadeiras
Gramola Ye-yé puso a guinda final. Cancións de güateque, coñecidas de sempre para mover as cadeiras con intensidade.
Cara a edición XXII
Unha axenda, a da Feira da cebola de Miño para relaxarse e gozar durante toda a xornada salientando un produto local e tradicional. O próximo primeiro fin de semana de agosto de 2023 festexaremos a XXII edición. Contamos convosco!.