Turismo Miño
Patrona da xente mariñeira
A procesión na honra á Virxe do Carme de Miño celébrase anualmente o 16 Xuño.
Sobre ás oito e media do serán comenza a procesión desde a igrexa de Santa María de Miño, portando á Virxe do Carme rodeada de ofrendas florais. O percorrido vai desde a rúa Carreira onde está a igrexa, baixa pola estrada da praia, e remata no Porto de Miño. Acompáñase de pasarrúas con música.
Á súa chegada ao Porto, ofíciase a eucaristía exterior na honra da patrona de mariñeiros e xente do mar, coa actuación da rondalla e coral da asociación cultural, deportiva e recreativa O Castro de Miño.
A partires das dez da noite, os festexos continúan coa degustación de diferentes produtos da confraría de pescadores de Miño ou outros produtos locais.
Festas do Carme en Callobre
A parroquia de Callobre tamén conmemora as festas do Carme durante toda a fin de semana. Veneran a imaxe da Virxe, que portan ao redor do atrio. Tras a misa solemne do medio día, organizan unha sesión vermú amenizada pola actuación de bandas musicais, festas infantís e actividades para toda a familia, veciños e achegados. O campo da festa de Callobre amósase concurrido nestas datas, cheo de ledicia e diversión.