Turismo Miño
A nosa Señora, patrona de Miño
Na parroquia de Santa Maria todos os anos ten lugar a procesión da Nosa Señora, patrona de Miño, quen conta con numerosos devotos.
A procesión festéxase o 15 de agosto.
Sobre as 12.30 celébrase a misa en honor á Nosa Señora. A Asociación Cultural Recreativa e deportiva O Castro agasalla á parroquia co acompañamento musical da súa coral e rondalla durante a eucaristía.
Alfombras florais na súa honra
O atrio da iglesia é decorado coa confección de alfombras e fermosos adornos con materiais naturais. Os dous cruceiros enfrentados engalánanse para a ocasión con flores de vivas cores. Un traballo arduo e laborioso executado pola asociación de alfombras e arte afímero de Perbes/Miño.
A imaxen da Nosa Señora é porteada e acompañada polos fregueses desde a Iglesia de Santa María á rúa Raxel, para guiala novamente ao interior do templo. Durante o traxecto a imaxe é alzada con veneración mentres a banda interpreta música solemne.
O repenique de campás e o lanzamento de bombas de palenque anuncian a chegada e saída do evento.