Turismo Miño
No Lugar de Bra, en Sombreu, parroquia de Santa María de Miño, ten lugar una das tradicións máis antigas deste concello: A Romaría de San Ramón de Bra.
A capela de San Ramón, pertenceu durante tres xeracións á familia Míguez. En 2004 Rosario Míguez Urbieta cédea, coa súa bonita contorna arborizada, ao concello de Miño para que se encargue de manter a continuidade da súa tradición.
É festexada todos os 31 de agosto, con máis de 150 anos de historia
É festexada todos os 31 de agosto, con máis de 150 anos de historia
A Posta do Santo
Ese día, ao redor das 13 h., celébrase a misa en honra a San Ramón Nonato, patrón das embarazadas e parturientas. O momento máis esperado é a Posta do Santo;, na que cada ano a persoa escollida recita a ladaíña tradicional transmitida durante anos de pais a fillos:
“San Ramón Nonato
che quite a enfermedá
che poña a sanidá,
polo poder de Deus
e dá Virxe María,
un Pai Noso
e un Ave María.
Amén”.
“San Ramón Nonato
che quite a enfermedá
che poña a sanidá,
polo poder de Deus
e dá Virxe María,
un Pai Noso
e un Ave María.
Amén”.
Á vez que se pronuncia a alocución, a pequena imaxe de San Ramón desprázase sobre a cabeza, o peito e os ombreiros dos oferentes, imitando o símbolo da cruz.
Desde aquí podemos achegarnos á Capela San Xoan de Area en Sombreu, á Igrexa Santa Maria de Miño con cruceiro no atrio, así como dar un paseo desde a praia da Ribeira, pola Senda dos Sentidos, e chegar ata Ponte do Porco co monumento aos Andrade, en pleno Camiño Inglés.
Coordenadas 43.3471196 -8.2141741
Coordenadas 43.3471196 -8.2141741