Turismo Miño
A cala resgardada
A praia Lago é un areal singular que está situado entre a Praia Grande e Praia de Marín, antes da praia de Perbes. Rodeada de natureza e situada nunha contorna rural, é unha cala tranquila e resgardada dos ventos.
Aproveita a ocasión!
Moi preto atópase a igrexa de San Xoan de Vilanova, exemplo do primeiro románico en Galicia. Tamén podemos pasear polas Fragas do Xarío gozando da súa contorna natural e bosque de ribeira. O Camiño Inglés transcorre a pouca distancia de aquí.