Turismo Miño
A praia escondida
Marín é unha pequena praia, situada entre a praia de Perbes e Punta Redonda, entre os serpenteantes entrantes e saíntes deste litoral.
Este areal, de area branca e fina, varía moito de superficie segundo a marea.
Podemos ver as illas do Carbón moi próximas ao areal.
Todo a un paso
Desde aquí podemos visitar a praia de Perbes, a igrexa de San Xoán de Vilanova exemplo do primeiro románico en Galicia.
As fragas do Xarío ofrecen un espazo natural perfecto para un agradable paseo gozando dos saltos do seu río. Á beira temos o transcurso do Camiño Inglés.