Turismo Miño
Mergúllate nas praias de Miño
Goza de cada unha das seis praias, situadas nun enclave natural e ecolóxico sen igual.
Praia Grande
Ampla praia de area dourada e augas tranquilas prolongada por un complexo dunar a beiras das marismas do río Baxoi. Considerado como un dos areais máis belos da provincia, conta cun espectacular paseo de madeira así como unha variada oferta de lecer entre a que destaca o alugueiro de kaiaks ou pedaletas.
Lonxitude:1300 m
Nivel de ocupación: alto
Servizos: Aparcamento I Duchas I Restaurantes I Servizo de limpeza diario I Servizo de vixilancia I Servizos WC I Teléfono I Acceso a pers... mais información
Praia Perbes - Andahío
É unha das praias máis emblemáticas de Miño. Resgardada dos ventos e nunha contorna semiurbano con forma de media cuncha, posúe unha area branca e fina. As súas augas tranquilas e frescas son ideais para o baño e a relaxación. A posta de sol é das máis bonitas da zona.
Lonxitude: 540 m
Nivel de ocupación: alto
Servizos: Aparcamento I Duchas I Restaurantes I Servizo de limpeza diario I Servizo de vixilancia I Servizos WC I Teléfono I Zona de fondeo I Bandeira azul I Cámping
mais información
Praia A Ribeira
A praia da Ribeira tamén chamada Praia Pequena, está situada nunha contorna urbana cun gran paseo marítimo que leva ao porto. De augas tranquilas e resgardada do vento, posúe unhas vistas espectaculares aos pobos que a rodean.
Lonxitude: 420 m
Nivel de ocupación: Medio
Servizos: Duchas I Restaurantes I Servizo de limpeza diario I Servizo de vixilancia I Servizos WC I Teléfono I Zona de fondeo I Club naútico porto deportivoI Parque infantil
mais información
Praia da Alameda
Praia tranquila de area branca e fina situada na desembocadura do río Lambre e integrada dentro da Rede Natura 2000, por ser un espazo de gran valor ambiental e paisaxístico. Unha bonita pasarela de madeira percorre a zona o que permite descubrir os encantos desta contorna natural.
Lonxitude: 450 m
Nivel de ocupación: Baixo
Servizos: Aparcamento I Duchas I Restaurantes I Servizo de limpeza diario I Servizos WC I Teléfono I Zona de fondeo I Paseo marítimo
mais información
Praia Marín
Lonxitude: 80 m
Nivel de ocupación: Medio
Servizos: Aparcamento I Servizo de limpeza diario I Cámping
Como chegar
Máis información
Praia de Lago
Lonxitude: 100 m
Nivel de ocupación: baixo
Servizos: Aparcamento I Servizo de limpeza diario I Cámping
Máis información
Como chegar