Ruta dos Muíños do río Medio, Miño.
Unha ruta chea de riqueza.
.
A ruta dos muíños do río Medio é unha pequena senda lineal de1,3 km., que percorre un tramo do río Medio, afluente do Lambre. Este percorrido de alto valor ambiental, ten unha enorme riqueza ecolóxica e etnográfica.
Saíndo de Güimil atopamos un conxunto formado por catro muiños. Os dous primeiros, da Graña e Albeiro, dispoñen de merendeiro, o de Amado e o de Miño sitúanse na parte máis alta. Todos están restaurados e abertos, nalgúns pódese observar a moa no seu centro.
A carón do muíño de Miño atopamos dous muiños un pouco máis grandes, do concello de Vilarmaior. Debemos retomar a ruta desde o Muíño de Miño para chegar a Capela de Guadalupe.
Seguindo a pendente do río, algunhas costas son algo esixentes. A súa escasa duración, xunto coas numerosas paradas nos seus fermosos recunchos, convértena nunha ruta ao alcance de todos. Ao se tratar dunha zona de moita densidade de follas, pedras irregulares e humidade, salientamos a conveniencia de empregar calzado axeitado e prestar atención aos desniveis.
Rematamos xunto a Capela de Guadalupe, co cruceiro e a fonte de Augas Santas, onde os romeiros conxuraban a envexa e o mal de ollo. Desde aquí podemos volver descendendo por onde vimos, ou collendo a estrada para baixar polo asfalto por Vigo e Pousadoira, ata chegar a CP- 4804. Collemos agora á man esquerda para voltar a Güimil, ou á dereita para ir cara a Ponte do Porco.
Esta ruta tamén pódese empezar en Ponte do Porco, remontando o río Lambre pola CP 4804 e deixando á dereita a ponte gótica do camiño Inglés a Santiago.Estamos ante unha estrada ben asfaltada, sen beirarrúas e con pouca densidade de tráfico. Vai acompañando ao río Lambre formando túneis de arbores frondosos que dan percorrido.
Gracias por gozar deste espacio de xeito responsable: respecta a flora e fauna, leva sempre ao teu can atado, e retorna o teu lixo contigo.
Goza do son do río, percorre o seu denso bosque de ribeira: bidueiros, abeleiras, loureiros, silveiras, e gran diversidade de fentos.
Goza deste recuncho máxico da natureza e do feitizo dos seus ríos.