Turismo Miño
Nesta ruta circular de 7 km. aproximados saímos do Parque da Rúa (Km 0) na Estrada da Praia. Baixamos cara a Praia Grande de Miño (990 m.), pola estrada de Perbes e percorremos o longo da Praia Grande ata cruzar a ponte sobre o río Baxoi (2.200 km.).
Deixamos que este paseo de máis dun quilómetro a carón da praia impregne os nosos sentidos, aportando benestar para o corpo e mente mentres gozamos do sistema dunar da Praia Grande e das marismas do río Baxoi.
O sistema dunar deste areal vai paralelo á costa e está protexido como hábitat de interese comunitario de Europa pola súa biodiversidade e valor xeomorfolóxico. O barrón ou carrizo que aquí medra contribúe a fixar o chan e soporta fortes ventos e alta salinidade. É unha das prantas mellor adaptada aos sistemas de dunas brancas ou móviles, como as que atopamos aquí. Nesta zona de mar aberto podemos ver corvos mariños, diferentes gaivotas, garzas e garzotas.
+

Xusto despois da ponte da estrada viramos á dereita dirección Bañobre ata atopar os sinais co desvío á Senda das Marismas do Baxoi (3 km.). Cruzamos o túnel sobre o ferrocarril e diante da ponte da AP-9 collemos á dereita, seguindo as indicacións do sinal.
Continuamos pola estrada asfaltada que vai entre a vía do tren e a autoestrada ata chegar a unha bifurcación (2.500 m.) onde collemos á esquerda seguindo o sinal, sempre paralelo á autoestrada AP-9. Este camiño condúcenos baixo os piares da ponte da autoestrada. Moi perto deles imos ver o panel de entrada á Senda das Marismas do río Baxoi (3.000 m.).
O río Baxoi nace en Vilarmaior a partir da unión de dous leitos menores, o Vilariño e o Anduriña. Desemboca na ría de Betanzos, á altura da praia Grande de Miño, formando a marisma que leva o seu nome e na que tamén votan as súas augas os ríos Grande e Xarío.

As marismas do río Baxoi son moldeadas por abundantes meandros, onde se mestura a auga salgada coa doce. Neste ecosistema areoso e húmido as plantas crecen sobre a auga, conformando un amplo humidal con zonas de lodo que se asolagan co subir e baixar das mareas. Confórmanse de xuncos e fondos limosos que ofrecen acubillo e alimento a un amplio grupo de aves migratorias e locais. Posúen un alto valor ecolóxico xa que constitúen un hábitat de vital importancia para aves palustres, que o utilizan como refuxio nos seus desprazamentos.
Nas xunqueiras abundan os mazaricos, correlimos, chorlitos e agullas, garzas, agachadizas e anátidas.
Á tempada de paso prolóngase dende agosto a febreiro, cando o frío no Norte de Europa apreta e moitas delas viaxan cara ao sur á procura da calor e de alimentos. Este é o momento óptimo para achegarse a costa e as súas marismas. Dende a senda podemos diferenciar as distintas canles rodeadas dunha vexetación típica dos bosques de ribeira: ameneiros, bidueiros, loureiros...Unha pasarela de madeira de 150 m. axúdanos a sortear unha zona asolagada. Dende os seus bancos gozamos uns intres da tranquilidade e fermosura desta contorna.
Goza do son do río, leva o teu lixo contigo e ten atado ao teu can en todo momento. Estás nunha contorna de avistamento de aves que poden estresarse coa súa presenza. Grazas por respectar a avifauna.

A senda desemboca na estrada DP-4801 (4,1 km.), onde viramos á dereita. Camiñamos 200 m. ata a área de descanso de Ponte Baxoi (3 km.), en pleno Camiño Inglés.
A Peregrinación Xacobea atraeu pereginos de toda europa que se achegaban navegando. Moitos viñan do norte: escandinavos, flamencos, escoceses, irlandeses e sobre todo ingleses, que fixaron o que hoxe coñecemos como o Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Entre os portos principais de arribada estaban o de Coruña e o de Ferrol, que se consolidaron como saídas oficiais do Camiño Inglés. As dúas rutas conflúen no lugar de As Travesas (concello de Carral), moi preto do enclave medieval de Hospital de Bruma (concello de Mesía), para dende aquí caminar xuntas ata a capital galega.
Miño atópase no quilómetro 80 dos 122 desta vertente que parte do peirao de Ferrol. Neste trazado atopamos a Ponte do río Baxoi (4.100 km). Estamos ante unha das sete pontes entre as que tamén se atopan a da Ponte do Porco e a do río Lambre mandadas construir por Fernán Pérez de Andrade O Boo. Ponte Baxoi é unha sinxela e entrañable ponte medieval dun so arco rodeada dunha sombriza área de descanso con mesas onde repoñer forzas e unha fonte para se refrescar. Un lugar con feitizo, perfecto para recuperar folgos.
O Camiño Inglés guíanos ata a vila de Miño, a menos de 2 quilómetros. Pasamos o túnel sobre a autoestrada e continuamos pola outra beira das marismas. Cruzamos por debaixo das pontes da autoestrada (5 km.) e o seu vial de saída dende Ferrol, pasando por debaixo dunha terceceira ponte a carón do ferrocarril (5.400 m.). Continuamos ata incorporarnos pola nosa esquerda á Rúa Regueiro (5.720 m.). Pasamos un pequeno cóvado que nos incorpora á rúa Raxel. Recorremos a rúa A Carreira coa praza do parchís, o edificio do concello e a igrexa de Santa María de Miño ata chegar ao cruce coa Estrada da Praia (6.320 m.). Viramos á dereita, para chegar ao Parque da Rúa, punto de partida da nosa ruta.