Turismo Miño
Galicia combina unha serie de elementos que fan da súa cociña un mundo propio. Dispón de contornas únicas, combinando o pracer co recoñecemento dunha tradición milenaria.
Sabe mesturar cultura, calidade, innovación e creatividade, contando cun sólido recoñecemento internacional. Un coñecemento doutrora que nos revela os seus segredos a través dos profesionais do sector.
Déixache seducir pola variedade e cromatismos da súa paisaxe, territorios rebosantes de sabor, onde a cultura gastronómica adquire formas propias. Montañas dominadas por múltiples ríos que alimentan fértiles vales, sons monacais que nos transportan a un mundo medieval, belas paisaxes rodeadas de abundantes prados e produtivos hortos. A gastronomía galega é valorada en todo o territorio, traspasando fronteiras con gran velocidade.
Unha gastronomía de primeiro nivel, onde conviven tradición e innovación para situar a Galicia na xeografía mundial.
Unha das súas maiores calidades é a súa sinxeleza: conducir ao produto ao seu máximo explendor sen apenas modificacións. Especialidades baseadas na calidade dos seus produtos e o respecto á materia prima.
A arte da elaboración pásase de xeración en xeración, convertendo a tradición nun dos puntais desta cultura de sabores.
Desde as excelentes carnes, ou os múltiples derivados do porco ou os exquisitos produtos do mar, a variedade desta cociña está garantida con produtos de tempada e proximidade, que permiten gozar da súa gastronomía en calquera punto do seu territorio.
Esta cociña tradicional, de tempada, a sabido incorporar un toque vangardista sen perder as súas orixes, conseguindo resaltar se cabe, aínda máis o seu potencial.
Autores como Manuel María Puga e Parga “Picado”, Álvaro Cunqueiro ou Dona Emilia Pardo Bazán recompilaron receitas tradicionais que enriqueceu o noso legado.
Os seus peixes e mariscos, a excelencia das súas carnes e o seu caza , a abundancia da súa horta... todos incorporan novas formas, sabores e texturas que atraen a esta terra a visitantes de todo o mundo.
Esta evolución traslada a tradición a outro nivel, con modernas versións de pratos típicos que resultaban inimaxinables fai tan só algúns anos. Unha cociña aberta, chea de personalidade, que mira ao futuro sen perder a súa esencia, ensalzándo a excelencia dos seus produtos autóctonos.
En Galicia todo xira ao redor dos seus fogóns, con sabores ligados á memoria, á cociña das avoas, cunha chiscadela especial cara aos receitarios tradicionais.
Dentro deste escenario, Coruña destaca polos seus caldeiradas de peixe, os arroces de ameixas ou bogavantres, os asados de carne, os potes ricos en verzas, grelos ou fabas, os seus pementos de padrón e do Couto, a súa tortilla de Betanzos, o pan de Neda, as patacas de Bergantiños, a cebola chata de Miño, o viño Branco Lexítimo... unha infinidade de produtos que se incorpora aos seus máis de 300 festas gastronómicas que se celebran ao longo de todo o ano.
Festexos ao redor das tradicións do lugar, coincidindo con colleitas ou festas relixiosas, como as romarías, nas que o cumprimento da promesa ao Santo complétase cunha comida tradicional, entre elas a entrañable romaría de San Ramón Nonato de Bra (Miño).
Percebes das costas batidas, lagostinos, vieiras, centolas, berberechos, recoiro das protexidas rías, onde as confrarías, como a de Miño, teñen un papel fundamental na súa sustentabilidade.
Para conxugar a terra e o mar, dispoñemos dun dos pratos máis versátiles que poidan existir: a empanada. De costela de porco, lombo, polbo, bacallau, bonito, lacón con chourizo...un universo de mil posibilidades.
Por todo iso, a gastronomía galega, está considerada como un eixo estratéxico na promoción do noso territorio. Nesta afectuosa rexión, sentar á mesa conleva un ritual de horas de goce entre amigos, que seducidos pola excelencia da súa gastronomía quedarán cativados para sempre.
Qué é o Bolo Mariñeiro de Miño?
O Bolo Mariñeiro de Miño é un prato creado de xeito colectivo polos hostaleiros de Miño no programa "Cociña Mariñeira"
Trátase dun bolo de pan artesá, que unha vez baleirado da súa miga, rechéase cunha bechamel especial con cebola chatta, porro e bivalvos da nosa ría.
Os diferentes establecementos varían o seu ingrediente principal, o bivalvo, dependendo da tempada e do mercado.
Poderás degustalo de ameixas, berberechos, mexillóns ou nalgúns casos, de vieiras.
A hostalería de Miño, tanto bares coma restaurantes, adaptan o Bolo Mariñeiro a diferentes formatos, ofrecendo a súa versión en pincho, tapa ou ración en carta ou menú do día.
Un proxecto impulsado polo Concello de Miño e cofinanciado polos fondos FEMP do GALP Golfo Ártabro Norte.