Turismo Miño
A importancia dunha boa alimentación
Os pescados, os moluscos, e as plantas acuáticas son alimentos indispensables para unha dieta saudable. Contan, ademáis, cun forte patrimonio cultural e unha gran tradición culinaria.
Os produtos do mar son un alimento fundamental na cesta da compra local. Pescado, mariscos e moluscos son elementos moi importantes na nosa dieta e, polo seu valor nutricional, son recomendados en calquera rexime alimentario.
Se poñemos o foco en España, vemos que Galicia, coa súa situación privilexiada no mapa, posee unha das principais fontes de riqueza mariña. É unha das grandes protagonistas pesqueiras pola súa variedade, cantidade e calidade dos produtos que atopamos nas súas augas.
2022 Ano Internacional da Pesca e Acuicultura Artesanais
A ONU declarou o 2022 Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanais, co obxectivo de poñer en valor este tipo de actividades, fundamentais para a consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) fixados polas Nacións Unidas.
O lema escollido pola ONU é ben significativo: “ Pequena escala, gran valor”.
Traballando pola sostenibilidade desde as confrarías
As confrarías realizan un traballo artesán e esixente, que permite extraer os recursos dun xeito respetuoso co medio, utilizando ferramentas manuais e tradicionais. O seu compromiso coa protección da biodiversidades e a sostibilidade medioambiental é absoluta.
Os traballadores artesáns do mar son os responsables de extraer a materia prima para os manxares que recibimos nas nosas mesas, os mesmos que sitúan a Galicia como principal abandeirada en gastronomía a nivel mundial.
Desde as confrarías trabállase día a día para facer que a pesca e o marisqueo sexan o máis repetuosos posible co medio ambiente:
Protexen o entorno mariño, a súa biodiversidade e o ecosistema mariño.
Aplican unha política extractiva común, que favorece o respeto e a competencia entre os seus membros.
As rías gallegas son extremadamente ricas e as confrarías son as encargadas da súa custodia para que as gocemos sempre.
Miño, o privilexio de teren confraría propia
Miño ten o privilexio de dispor no seu municipio dunha confraría de pescadores cunhas excelentes zonas de marisqueo.
Ela actúa cara a conservabilidade, analizando os recursos biolóxicos disponibles, marcando cuotas, limitando o número de extraccións, e respetando os xuvenís ou as especies non permitidas, colaborando con elo a un futuro sostible para o seu territorio e a súa poboación.
A de Miño é unha das confrarías máis pequenas da comarca. Está formada por uns 25 membros dos concellos de Miño, Paderne, Betanzos e Bergondo, que viven principalmente da actividade marisqueira (a pé a maioría, con algo a flote e unha pequena representación de embarcacións de artes menores), quedando en mínimos practicamente a actividade pesqueira.
La increíble riqueza que posee nuestra ría
Desde a confraría de Miño ofértanse as seguintes especies:
No caso dos bivalvos : ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Ruditapes phillippinarum), berberecho (Cerastodermaedule), ostra rizada (Crassostrea gigas).
No caso de poliquetos ou cebo vivo: gusano de tubo (Diopatra neapolitana) e gusano de arena (Arenícola marina).
Dentro do ámbito territorial de Miño, esta entidade explota os seguintes bancos marisqueiros:
Banco de Bañobre(Gal 04-06), Ponte do Porco e Alpompor (Gal 04-01), praia das Vacas e Porto - Praia de Ribeira ou Pequena (Gal 04-01), contando tamén con zonas de explotación no concello de Paderne e Bergondo.
Entre as súas principais funcións, destacan a limpeza e aireación do sustrato dos bancos marisqueiros, os traslados de especies de zonas de alta densidade a outras cunha inferior, as sementeiras (maioritariamente de ameixa), a actividade extractiva, e o control por mostraxe de salubridade e toxinas.
Traballando de xeito artesán
As artes empleadas nestes bancos extractivos son, para o marisqueo a pé o sacho e a rañica, para o marisqueo a flote o raño, e para poliquetos sal e forquilla.
As tallas mínimas de comercialización son: 40 mm para a ameixa fina, 38 mm para a ameixa babosa, 35 mm para a xaponesa, 25 mm para o berberecho e 60 mm para a ostra rizada. No caso do cebo vivo, ao non ter tallas mínimas estipuladas, decidíuse por asamblea non extraer os menores de 3 grs.
O único viveiro de cebo vivo atópase aquí
Os politequetos ou cebo vivo véndense directamente a empresas de cebo e a pescadores particulares. A confraría de Miño conta cun viveiro de cebo vivo para conservalos en óptimo estado ata a súa venda. Funciona desde 2006, e esta é a única confraría da comarca que conta cunhas instalacións deste tipo.