Turismo Miño
A protección da ría
Praia en contorna urbana, en forma de media cuncha, de area dourada. Está situada na desembocadura do río Lambre, seguindo a costa cara ao mar desde a praia da Alameda. Resgardada dos ventos, é unha praia de interior de ría e de augas tranquilas.
Escoitando a natureza
Consta dunha zona ampla intermareal que coa marea baixa queda ao descuberto resultando de gran interese para aves limícolas. O seu areal é frecuentado habitualmente por garzas, garcetas, e corvos mariños, así como aves por aves migratorias como a culler común ou a cerceta común (un dos patos máis pequeno de Europa). Ambos chegan aquí a finais de setembro procedentes do norte de Europa onde regresarán a finais de febreiro. Na contorna do río Lambre pódese visualizar cun pouco de paciencia e algo de sorte a exemplares de londra gozando dunha contorna tan rica en nutrientes. Os seus excrementos identifícanse por conter espiñas e escamas de peixe.
Unha praia de calidade
No ano 2021 se lle ha concedida á praia da Ribeira, xunto coa praia Grande de Miño, a bandeira Q de Calidade que outorga o ICTE (O Instituto para a Calidade Turística Español). En Galicia este ano cedéronse un total de 12, recibindo o concello de Miño as únicas dúas bandeiras outorgadas na provincia da Coruña como certificación da excelencia en servizos turísticos, paisaxismo e medioambiente.
Esta praia dispón dunha pequena instalación portuaria, con zona de fondeo para embarcacións.
As pegadas dos teus pés
O uso adecuado das praias repercute no benestar de todos. Miño declarou todas as praias do seu municipio como praias sen fume, e elaborouse unha normativa para o seu correcto uso e goce. Lembra recoller o teu lixo e depositala nos contedores respectivos para a súa reciclaxe. Que a única pegada que deixes na area sexa a dos teus pés.
Paseo do mar
Cun pequeno paseo litoral que percorre o seu areal, resulta ideal para gozar das súas vistas sobre a ría. O seu paseo enlaza co roteiro dos sentidos ata a praia da Alameda e Ponte do Porco co monumento aos Andrade e o río Lambre cruzado polo Camiño Inglés.
Miño conta con multitude de areais de gran calidade: a praia Grande, a Alameda, con espectaculares variacións de nivel entre pleamar e baixamar; Perbes, ou Marín e Lago dun tamaño inferior